Scroll Top

ÁREA RECREATIVA PONTE MAZAIRA

A pouco máis de un kilómetro do Mosteiro de Montederramo atópase esta área recreativa perfecta para pasar o día. Bañada polo río Mao, conta cun amplo terreo para o descanso, no que se atopan mesas, bancos e barbacoas. Nela atopamos “A Palloza”, un espazo que funciona como bar durante a temporada de verán, perfecto para refrescarse mentres se descansa a carón do río nun entorno natural e tranquilo.