
Este é un conxunto relixioso formado pola ermita de San Andrés, dous petos de ánimas das que se conservan as hornacinas, e o cruceiro de madeira.
O que máis destaca é este cruceiro, do ano 1778, que conserva a madeira policromada coa que foi realizado. Nel aparece a figura de Cristo baixo a atenta mirada de San Antón aos seus pés, que o sostén pola cintura. Baixo os pés de cristo están representadas unha calavera e dúas tibias. No reverso atópase a Virxe María. Varias figuras decoran a base: escaleira, cravos e tenazas, representando a baixada da cruz do corpo de Xesucristo.
O cruceiro atópase protexido por un baldaquino. A ambos lados da porta de entrada están colocadas as hornacinas que pertenceron aos petos de ánimas.

