Scroll Top

RESERVAS VISITA AO MOSTEIRO

Para mercar as entradas do mosteiro pódese de tres xeitos:

  • Presencialmente: a través da oficina de turismo (peche da venda de entradas 10 minutos antes de cada visita)
  • Reserva por teléfono: realizar a reserva chamando por teléfono a oficina de turismo: 988 31 63 03
  • Por internet: na páxina web do turismo da ribeira sacra á que se pode acceder a través da seguinte ligazón
PREZOS

Segundo a Ordenanza pública de BOP nº 278 de 03/12/2010, aprobada pola Corporación municipal, a contía dos dereitos a percibir polo prezo público será a seguinte:

TIPO DE ENTRADA IMPORTE
Individual por persoa adulta 3,00 €
Individual, maiores de 12 anos e menores de 18 1,50 €
Entrada individual maiores de 65 anos e pensionistas 1,50 €
Entrada de grupo de 10 a 30 persoas, por persoa 2,00 €
Entrada de grupo de 31 a 50 persoas, por persoa 1,50 €
Entrada de grupo de máis de 51 persoas, por persoa 1,00 €
Menores de 12 años Gratuíto
Persoas con discapacidade, persoas en situación de desemprego e membros de familia numerosa Gratuíto
VISITAS GRATUITAS

En aplicación do sinalado no artigo 44.2 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, a entrada ós museos, exposicións ou artísticos e outros centros ou lugares análogos será gratuíta nos seguintes casos:

  • Menores de 12 anos.
  • Persoas con discapacidade, de acordo coa definición que realiza o artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Tamén poderá acceder de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que poida realizala visita.
  • Persoas en situación legal de desemprego.
  • Grupos familiares integrados polo menos por un adulto e tres adolescentes (ou dos, si un deles ten algunha discapacidade), incluídos no mesmo título de familia numerosa.
  • Profesionais que este a realizar un estudio ou traballo sobre os museos, exposicións, monumentos históricos ou artísticos e outros centros ou lugares análogos.
  • Grupos de estudantes que estean a realizar visitas organizadas polo correspondente centro  educativo, acompañados do profesional competente.

Horarios, prezos e reserva